Se muestran los artículos pertenecientes al tema Pais/Nais.
O APALPABARRIGAS

NO NADAL CHEGA O APALPADOR OU APALPABARRIGAS
Algunhas entidades culturais galegas están colaborando na recuperación dun personaxe da tradición popular do Nadal: O Apalpador En diversas comarcas da alta montaña do leste de Galiza, así como en diversos puntos do oeste do Bierzo, mantíñase ata datas moi recentes a tradición do Apalpador: un xigante con oficio de carboeiro que, durante as datas do Nadal, baixaba das montañas onde vivía ata as aldeas, coa intención de apalpar as barrigas dos máis pequenos das casas, para comprobar se estaban ben mantidos.O Apalpador vixiaba que comesen ben e desexáballes un novo ano no que seguisen sen pasar fame, deixando como agasallo unhas cantas castañas quentes para que lembraran a súa visita.A tradición, recollida por José André Lôpez Gonçález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Crese que se trata dun costume de orixe precristiá que no seu momento debeu estar estendido por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente. (Extraído de Vieiros.com) O artista de Neda, Leandro Lamas deseñou a preciosa imaxe que se está a empregar na campaña para a recuperación de O Apalpador.
CLUB DE LECTURA PARA INFANTIL

Xa contamos no cole co noso primeiro agasallo de Nadal. O colectivo CASAESCOLA ofreceunos este estupendo lote de contos cos que xa estamos traballando nas aulas c@s nen@s. Estades tod@s convidad@s a disfrutar c@s vos@s fill@s do Club de Lectura que se celebrará o vindeiro xoves día 11 de decembro ás 18,30hs no Auditorio de Vilagarcía, no que estarán dous dos autores principais, Xulio Gayoso e Chema Heras. Disfrutádeo
KALANDRAKA
A BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE VILAGARCÍA CONVÉRTESE NUN PEQUENO MUSEO PARA A CAMPAÑA "CANTAR E CONTAR".
A mostra de ilustracións da editorial Kalandraka permanecerá a berta ao público ata o 26 de novembro. Podedes levar @s vosos fill@s, de seguro que pagará a pena.
Folga do servicio de limpeza
Á atención das familias.
Informámoslles que desde o día 17 de novembro o servizo de limpeza da nosa escola está en folga indefinida, sin servicios mínimos. O que lle comunicamos para que sexan coñecedores deste feito.
Un saúdo
OUTONO MICOLÓXICO
Ata o vindeiro 22 de novembro, podedes visitar, no auditorio de Vilagarcía, a exposición de traballos de debuxo e maquetas sobre os cogomelos, así como asistir ós diferentes actos e conferencias organizados pola Agrupación Micolóxica "A Cantarela". Un saúdo
MAGOSTO
MAGOSTO
O vindeiro venres, 14 de novembro, celebraráse na escola a festa do Magosto, se o tempo acompaña.
Recordamos que @s nen@s deben traer unhas poucas castañas (cortadas para asar) e rosquillas, se é posible.
Invitamos ós pais a que celebren esta festa cos seus fillos a partires das 13:45h. A esa hora podedes acceder ó centro para compartir castañas, rosquillas...cos vosos nenos.
Moitas grazas.
MAGOSTO
Aínda que xa está todo preparado para celebrar o noso Magosto, parece ser que a chuvia tamén se sinte invitada, e polo tanto decidimos deixar a festa para a vindeira semana coa esperanza de que mellore o tempo. Seguides estando tod@s invitados, pero xa vos avisaremos do día. Ata pronto
FESTA DA ANPA

O xoves pola tarde celebrouse a festa de fin de curso organizada pola ANPA do cole.
Foi unha festa moi divertida na que @s pequen@s disfrutaron moito nos inchables, onde non se cansaron de saltar toda a tarde, no obradoiro de globloflexia onde nos fixeron canciños, espadas, flores.... e no super taller de maquillaxe onde nenos, nenas e algún pai atrevido maquilláronse de princesas, bolboretas, spiderman, fantasmas, leóns......
Houbo unha merenda estupenda para tod@s @s asistentes. Tamén un concurso de tortas deliciosas. Todo isto rodeado de pompiñas de xabrón.
Queremos felicitar aos pais/nais por esta marabillosa tarde e animarvos para que o próximo curso o sigades facendo tan ben.
GRAZAS!!

Da profe Sol para @s nais/pais máis marabillos@s d@s nen@s máis marabillos@s.
Xa non esperachedes ao venres que é o día das emocións, xa mas adiantachedes para hoxe.
Non teño palabras de agradecemento para "as miñas nais e pais", foron tres anos, creo, que con moi boa complicidade por parte de todos. Xa vexo que vos destes conta de que a profe dos vosos fillos e fillas é moi coqueta.
Tod@s fomos conscientes de que os máis importantes destes tres anos foron os nen@s. @s unic@s protagonistas deste período.
Dende o máis profundo do meu corazón.
Grazas a tod@s
Bicos da profe Sol
8 MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe os nenos e nenas da clase da Seta recibimos a visita de dúas nais para celebrar o día da Muller Traballadora.
Aprendemos moitas cousas: a importancia de axudar na casa, como podemos recoller, como temos que portarnos cando imos ao médico...
Pasámolo moi ben, e ademáis déronnos uns regalos.
Moitas grazas á nai de María e de Rubén.
REUNIÓNS

A vindeira semana teremos reunións para informarvos sobre os actos que faremos o Día da Paz e os disfraces para o Entroido
Luns 21 reunión de 5 anos ás 13.45
Martes 22 reunión de 4 anos ás 13.45
Mércores 23 reunión de 3 anos ás 13.45
No caso de que non poidades asitir rógase que avisedes coa maior breviedade posible.
DÍA MUNDIAL CONTRA CÁNCER DE MAMA

Hoy 19 de octubre es el día mundial contra el cáncer de mama, las profes del Vagalume nos sumamos a esta campaña que vela por la salud de las mujeres deseando que tod@s tomemos conciencia de la importancia de un diagnóstico precoz.
Super nanny

Esta noite volve as nosas pantallas Super Nanny o programa que intenta educar dende a televisión e que suscita distintas opinións para pais,nais e educadores en xeral.Cuestionase sobre todo o modelo cognitvo-conductual que aparece como resposta no programa.
Pode ser certo que os seus métodos axuden os pais/nais a resolver os problemas cos seus fill@s?
En Portada

- El estreno de la LOE .
- Un programa pionero perimitirá a 10 centros de primaria iniciar la escolarizacion en tres lenguas.
- Se lanza en Galicia el plan de fomento de la lengua gallega en infantil.
- O proxecto Galescola,crea 99 centros adicados a buscar unha educación de calidade en galego.
- Se crea el observatorio gallego de convivencia escolar.
- Se ampliará el programa PROA , destinado a frenar las causas que puedan incidir en el fracaso escolar.
- El número de escolares aumenta.
- Los colegios con al menos cuatro aulas de infantil tendrán un profesor de apoyo.
Benvidos,Bienvenidos,Welcome pais e nais do Vagalume!

A EEI.Vagalume presenta con moitísima ilusión un novo proxecto co que levamos traballando unha temporada. A utilización de novas tecnoloxías e a demanda da sociedade actual fan que nos incorporemos a Internet dende o noso novo weblog onde podedes participar. Para coñecelo podedes leer os nosos artículos ou visitar os enlaces que esperemos sexan útiles para vós.Non dudedes en preguntarnos calquera dúbida no cole.
Ready,Steady,Gooo...!

No noso blog queremos que teñan cabida todos os membros da comunidade educativa,ups...que serio soa iso... Vamos, que esteamos os profes,os peques,os pais e tódolos que se animen a publicar na nosa web os seus comentarios, ideas, suxerencias, aventuras, viaxes, poesías, experiencias, dudas...
Este é o noso novo espacio,de todos depende que sexa un proxecto divertido e enriquecedor.Un saúdo moi grande a todos!



