Se muestran los artículos pertenecientes al tema nenos.
CUMPREANOS XUÑO
Case nos olvidamos de poñer os derradeiros cumpreanos.
FIN DE CURSO
Para despedir ben este curso que remata, as mestras organizaron un circuito de xogos.
Foi moi divertido, xogamos ao pasimisí, a rato que te pilla o gato, co paracaidas, a encestar canastras, a levar a pelota na frente....
Despois de tanto exercicio dimos boa conta das roscas que había para merendar e despedímonos das nosas mestras ata setembro.
ÍMOSVOS BOTAR DE MENOS!
Os pais/nais de 5 anos tiveron un pequeno vídeo de despedida e algunha bágoa deixouse ver polo salón.
Aquí tedes o final do vídeo para recordalo.
SEMPRE VOS GARDAREMOS NUN RECUNCHIÑO DO CORAZÓN!
MOITOS BICOSSSSS
FOTOS DA VISITA Á GRANXA
Como nos pedía unha nai fai uns días (como nos facedes traballar je je) aquí tedes algunhas fotos da visita á granxa Kiriko dos nenos e nenas de 5 anos.
VISITA AOS BOMBEIROS

O venres 6 fixemos unha excursión moi divertida aos bombeiros de Ribadumia.
Alí dividíronnos en tres grupos para realizar distintas actividades: subimos ao camión, vimos como era por dentro. Vimos a casiña onde viven os bombeiros (tiñan camas, cociña e unha barra moi chula por onde baixan a todo correr se os chaman porque hai lume) Probamos os cascos e Tomasito disfrazouse de bombeiro, puxo o casco e subiu pola escada ao camión.
Tamén fixemos uns debuxos do que alí vimos e logo xuntaronnos para merendar unha barra de cereais e uns zumes que nos deron os nosos amigos "Os Bombeiros"
Ademais coñecimos a dous cans que tiñan especialistas en atopar persoas nos derrubamentos.
Acabamos a visita cunha "festa da espuma", aproveitando que facía un día boísimo de verán, mollámonos case ata as orellas e pasámolo bomba!!!
CUMPREANOS DE MAIO
Cun pouquiño de retraso porque a teacher anda cunha chea de cousas na cabeza chegan os cumpreanos do mes de maio.
Felicidades a tod@s @s nenas e nenos.
PEDRO E O LOBO

Dentro das actividades para celebrar a semán das Letras Galegas 2008 veu ao cole Xan Pérez da compañía "Títeres tres globos"
Pasámolo moi ben escoitando as aventuras de Pedro, o seu pai, as ovellas, o can alemán que quería ser pastor, o ratiño que estivo na barriga do Lobo ata que demos coa palabra que o facía..... jijiji
e ata co pobre lobo (que no fondo non era tan malo)
Aprendemos que non se deben contar mentiras e tamén o que era o flan con "tona"
Foi un espectáculo moi divertido que esperamos repetir.
FOTOS COS BOMBEIROS
Temos dificultades técnicas para subir as fotos como o viñamos facendo ata o de agora por eso tardamos tanto en poñer as fotos cos bombeiros.
Non queriamos deixar pasar a ocasión de ensinarvos o ben que os pasaron os nenos e nenas de 5 anos na visita que fixemos ao parque de Bombeiros de Galicia en Ribadumia.
BOMBEIROS DE GALICIA

Hoxe os de 5 anos fomos de visita aos Bomberios do Salnés en Ribadumia.
Tod@s estabamos moi contentos e nerviosos pola visita, sobre todo Lara, porque sabía que papá, Santi, estaba alí e nos ía ensinar todo o parque de bombeiros.

Foi moi emocionante: vimos o ximnasio que teñen (para estar tan "cachas" ), a cociña, as camas (onde descansan cando non hai emerxencias), a sala de comunicacións, os camións, as mangueiras, a famosa barra dos bombeiros por onde baixan a todo correr (lástima que nós non puideramos probar )
Fixemos uns debuxos moi chulos dos bombeiros en Nadal porque queren facer unhas postais e nós estivemos encantados de axudarlles.

Probamos as máscaras coas que entran nos incendios, os cascos e tamén miramos por un aparello ben raro que se vía a xente como nas pelis de bombeiros.
Tamén vimos coma un bombeiro baixaba por unha parede facendo rappel.
A teacher pasouno xenial subindo moi moi alto no guindastre, non tivo medo porque ía acompañada dun dos bombeiros.
Pero o máis divertido foi a espuma, non poidemos resistirnos a xogar con ela. Foi como se nevara de repente.
Déronnos un agasallo (un puzzle e un conto) co que volvimos encantados ao cole. Tamén nos deron de merendar porque facer de bombeiros da moita fame.
MOITISIMAS GRAZAS BOMBEIROS!

Pasámolo fenomenal e xa estamos desexando volver.
ENTROIDO 5 ANOS
Tocalle agora o turno aos de 5 anos.
Esperamos que vos gusten os videos.
As clases do barco e a mazá
A clase da pelota.
VISITA Á GRANXA

Os nen@s da clases do Caracol e da Setafomos coñecer unha granxa chulísima, a Granxa Serantellos, está moi pertiño da nosa vila (Castrelo - Cambados) e recomendámovos a visita a todos os papás e mamás.
Ao chegar á granxa dividirónnos en 3 grupos: parrulos, porquiños e gatiños.
Despois andivemos pola granxa coñecendo cos granxeiros os distintos tipos de animais que alí había:
AVES (galiñas, pavo real, pombas, pavo común, pitiños e parrulos)
MAMÍFEROS (porcos, porco vietnamita (Lucas), ovellas, vaquiña (Campanilla), poni, burriña (Mariola), coellos e un can chamado León.
Finalmente vimos o invernadoiro e os xardíns preciosos que teñen cheos de árbores en flor.
A media mañá paramos para merendar : mandarinas, galletas e queixiños e tamén a xogar no parque e nos columpios.
Foi un día moi interesante pois aprendimos moitas cousas dos animas, tivemos a sorte de poder acaricialos e telos moi preto (na cabeza, nas mans, nas costas...) e comprobamos que son moi suaves e dóciles se os tratamos con cariño. Tomasito, que tamén veu con nós, pasouno en grande cos pitiños subidos enriba!
O tempos acompañou xa que fixo un día de verán e estamos desexando que chegue a próxima excursión para volver a pasalo tan ben.
As profes agradecen a axuda e colaboración das nais que viñeron con nós pois foron esenciais. Pensamos que elas o pasaron tan ben coma nós.
Ahhhhh se nos esquecía contarvos que tamén fixemos pan ¡estaba boísimo!
O TREN DA LÍNGUA

Onte os nenos e nenas de 5 anos viaxamos no tren da Lingua.
Primeiro fomos en autobús ata a estación de Renfe de Vilagarcía.
Alí recibironnos Peter e Lolo que fixeron as ledicias dos pequenos cos seus xogos.
Ao chegar a Santiago invitaronnos a unha merenda e escoitamos as aventuras de Ana.
Voltamos a Vilagarcía moi contentos e con unha mochila nova de agasallo!
Que divertido!!
VISITA AO ZOO
BODY SONG
A calidade do video non é moi boa, intentaremos mellorala na vindeira entrega
AQLMORZOS SAUDABLES

Dende o cole A Lomba chegounos unha nova invitación para un almorzo saudable
Esta vez era o turno dos de 4 anos. E así saiamos hoxe moi contentos para almorzar cos compañeir@s da Lomba
Alí, coma sempre, tiñannos preparado un almorzo moi saudable a base de froitas, pan con aceite ou mel e leite con colacao.
Probamos de todo e descubrimos que nos gustaban cousas que antes nin sequiera queriamos probar.
Que rico estaba todo!
Graciñas Á Lomba por acordarse de nós para estas iniciativas.
Visita inesperada

Hoxe tivemos unha visita totalmente inesperada no Vagalume.
As súas maxestades os Reis Magos, aos que todos críamos en Oriente descansando despois do duro traballo repartindo xoguetes, pasaron a deixarnos os últimos caramelos que lles quedaban e un agasallo para a clase.
Foi unha sorpresa marabillosa xa que non contabamos con eles.
Esperamos que teñan unha boa viaxe de volta e que o ano que ven pasen de novo polo cole.
Graciñas pola visita!! Un montón de bicos de parte dos nenos, nenas e mestras!!
Papá Noel II
No Vagalume xa recibimos a primeira visita de Papá Noel, pero non o verdadeiro eh!
Ese xa sabedes que está no Polo Norte preparando todos os regalos que nos vai traer.
Na clase de 5 anos apareceu un en versión tragabolas e pasámolo en grande xogando con él.
Papá Noel

Co xa sabedes no Vagalume temos liña directa con Papa Noel
Así que contádenos o que lle pedides porque o email coa lista de regalos está a piques de sair.
Uff que nervios! fostes bos/boas?
DECORACIÓN DE NADAL

Hoxe levachedes unha bola para decorar na casa.
Coa axuda da vosa familia podedes decorala con calquera cousa que tiñades pola casa: lentellas, algodón, purpurina, botóns, tea, la....... todo o que se vos ocurra.
Imos decorar o cole con elas cando a traides de volta o LUNS
Vai a quedar chulísimo, seguro!
Esperamos que vos divirtades moito facendoa.
ALMORZOS SAUDABLES
Como vos contamos onte, hoxe fomos á Lomba a almorzar saudablemente.
Aproveitando o paseo ata alí repasamos algunhas normas básicas de seguridade viaria.
Na Lomba tiñannos preparado un almorzo estupendo a base de froitas, pan con aceite ou mel e leite con colacao.
Probamos de todo e descubrimos que nos gustaban cousas que antes nin sequiera queriamos probar.
Puxémonos as botas co pan con aceite, que bo estaba!!
Tratáronnos de marabilla, agradecemos enormemente esta invitación e esperamos que conten connosco para máis iniciativas como estas.
ALMORZO SAUDABLE

Mañá venres os nen@s de 5 anos estamos invitados a almorzar no cole da Lomba.
Seguro que disfrutaremos dun almorzo saudable e equilibrado como é recomendable.
Mañá xa vos contaremos todo o que comemos.
Lembrade non almorzar na casa senón non teremos fame!! ![]()
![]()
Aquí tedes un montón de información sobre alimentación.
CANTARELA 2007

Aínda que nos esqueceu contárvolo antes, este ano tamén fixemos o noso mural conxunto para a exposición da Asociación micolóxia Cantarela.
Primeiro decidimos e fixemos o boceto, os máis pequenos pintamos o ceo (de gris porque está un pouco contaminado) tamén pintamos o chan e pegamos folliñas de verdade. Os de 4 fixemos unha setas con papeis e material de refugallo. Fixémolas moi grandes para que protexan a todos os animaliños do bosque que fixeron os nen@s de 5 anos.
Esperamos que vos guste o noso traballo, nós divertímonos moito facendoo.
A BIBLIOTECA

Un ano máis poñemos en funcionamento o servicio de préstamo da nosa Biblioteca, para que todos os nenos e nenas do Vagalume poidan disfrutar do pracer da lectura tamén na casa e coa axuda dos seus familiares.
Os nenos e nenas son os responsables dos contos dende o momento que saen da escola, de que se devolvan no día que lles corresponde, de que o seu coidado sexa o axeitado ... e para todo isto pedimos colaboración das familias
Disfrutade lendo!
GALICREQUES 2007

Os nen@s de 4 anos fomos a Santiago a disfrutar dunha representación teatral dentro do programa Galicreques 2007
A obra " O investigatopo dopo" a cargo da compañía Chachakün de Arxentina gustounos moito porque era moi axeitada para nós (divertida, cortiña e moi fácil de entender)
Despois fixemos un recorrido por algúns dos lugares emblemáticos de Santiago: O Obradoiro, Platerías e tamén xogamos un pouco na Quintana.
Merendamos no parque de Santa Isabel e despois de deixalo todo ben limpo voltamos para o cole.
Esta é a nosa primeira saída neste curso pero como nos portamos moi ben creo que as mestras vanse a animar a levarnos máis veces.
NOVO COMEZO DO CURSO

Hoxe comezamos o cole os nenos de 5 anos, que agora son os maiores.
As profes dos vosos fillos desexámosvos un bo inicio de curso, e recordámosvos que aquí estamos para calquera dúbida que teñades.
Os nenos da profe Sol , xa comezan con festa !FELICIDADES LAURA!
UN SAUDO PARA TODOS
XA ESTAMOS DE VOLTA

Despois dunhas merecidas vacacións xa estamos aquí.
¡¡¡Comezan as clases!!!
Mércores 12 empezan os de 5 anos
Xoves 13 os de 3 e 4 anos
O horario é de 9.15 - 14.15
Esperámosvos a tod@s!!
Rematamos Outubro

Deste xeito tan divertido despedimos o mes de outubro no Vagalume.Graciñas a todos por participar na festa do Halloween e poñémonos en marcha xa para adicarlle o mes de novembro as castañas e o magosto.
Moitos bicos e Boa fin de semana!
Cartas que veñen e van!

Happy Halloween!

Un ano máis os nen@s de 5 anos preparamos os cabazos para a Festa de Halloween do vindeiro martes 31 de outubro.
Lembra os pasos:
- Pensa o teu deseño ( pode ser algo orixinal )
- Corta a tapa do cabazo e valeira cunha culler por dentro.
- Cun coitelo fai os debuxos dos ollos, o nariz e a boca.
- Coloca a vela dentro do cabazo.
Xa está lista,non esquezas traer a pumpkin o vindeiro luns.
3 anos

Dámoslle a benvida ó Vagalume os nosos nen@s de 3 anos,
No grupo A :
Hugo,Javier,Gabriel,Nestor,Marcos,Julia,Angela,Lucía,Pablo, Elisa,Hugo, Nuria,Paula, Lua,Mar,Carla,Pablo,Laura,Helena,Inés,Marta,Gabriel,Diego e Miguel.
No B :
Izan, Yago,Marcos,Noa,Pablo,Xoan,Juan ALejandro,Jose Antonio, Jorge, Sofía,Jacobo,
Carla,Nelly,Noela,Cristina,Kevin,Daniel,Loaira,Laura,Calista, Nuria,Leire,Lois,Lucia.
Esperemos que pasedes un bo día!
Mañán vamos os de 4 anos a Ribadumia!

¿Listos para visitar mañán os bombeiros? esta vez tócalle os de 4 anos e seguro que será como mínimo igual ou mellor que a visita dos de cinco.Non fai falta que levedes merenda, alí mesmo teredes uns bocatas e zumes que seguro vos van gustar.
Preparados os despertadores para mañá?
Xa sabedes que esta madrugada cambiou a hora asi que non vos esquezades de actualizar os vosos reloxios.Vémonos mañán.Cos Bombeiros de Ribadumia

Dicir que ó pasamos ben é pouca ocusa...pintamos, merendamos,subimos nos camións, escoitamos a serea, puxemos os cascos, probamos as chaquetas, coñecemos os cans,subemos na grúa, escalaron na parede.........¿Que máis se lle pode pedir?....Non son só bombeiros,ademáis son boa xente.Gracias amigos de Ribadumia! Prontiño irán tamén os nenos de 4 anos.
los árboles del patio.

Hoy comenzamos una nueva estación del año , es LA PRIMAVERA , y como no llovía , toda la clase salimos a observar los árboles del patio. Como lleva varios días lloviendo ,el suelo , la arena, y los árboles estaban mojados, por eso cuando los niños sacudían los árboles , nos caian gotas de agua encima de nuestras cabezas. Estuvimos viendo las moreras, y también el guindero. Nos colocamos alrededor del tronco y pudimos diferenciar las partes más importantes del árbol : el tronco , las ramas, las yemas, sus hojas, sus flores, pero hay una parte que no hemos podido ver, la raiz , porque se encuentra debajo de la tierra.Como algunos niños estaban cansados , ya entramos en clase, y después tuvimos clase con el profe Javier.
!ATENCION NIÑOS Y TAMBIÉN PAPIS !
Mañana algunos niños de este cole, van a tener un día especial. ¿ Os podeis imaginar a donde se van de excursión ?
Ni más ni menos que al PARQUE DE BOMBEROS DE RIBADUMIA. Puedes estar tranquila , "SEÑORITA LARA ", porque para el próximo año, seremos nosotros los afortunados, y así todos podremos conocer al bombero más famoso del VAGALUME . ¿Te imaginas quien es?











































