Se muestran los artículos pertenecientes al tema Conmemoracións.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Entre tod@s podemos facer que o noso planeta mellore.

Animaste a axudalo?

Jueves, 05 de Junio de 2008 00:18 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 2 comentarios.

23 de abril día do Libro

20080422231420-dialibro.jpg

 Visitade o blog do profe Ramón veredes que video tan chulo ten sobre o día do libro.

Miércoles, 23 de Abril de 2008 00:01 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións No hay comentarios. Comentar.

ENTROIDO (4 anos)

Agora é o turno de ver aos nenos e nenas de 4 anos.

Esperamos que vos guste!

 



Viernes, 04 de Abril de 2008 22:31 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións No hay comentarios. Comentar.

ENTROIDO (3 anos)

Aquí tedes outro video, que aínda que xa é de fai algún

tempo estamos seguras de que vos vai gustar volver a

ver a os nenos de 3 anos disfrazados de espantallos.

Nuns días poñeremos aos de 4 e aos de 5

Esperamos que vos gusten!

 


Viernes, 04 de Abril de 2008 18:29 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 1 comentario.

VIDEO DÍA DA PAZ

Fai xa algún tempo que conmemoramos o día da Paz, pero esta celebración non debe reducirse a un só día por iso queremos ensinarvos este novo vídeo para que recordedes o importante que é VIVIR EN PAZ.



Graciñas profe Cris por este traballo tan chulo!

 

Miércoles, 02 de Abril de 2008 19:58 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 2 comentarios.

DÍA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

20080402134059-libro.gif

Hoxe co motivo do día da Literatura Infantil e Xuvenil a Biblioteca do cole repartiu uns agasallos entre todos os nenos e nenas do cole.

Esperamos que vos gusten e disfrutedes moito da súa lectura.

Miércoles, 02 de Abril de 2008 13:40 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións No hay comentarios. Comentar.

FELICIDADES PAPÁS!!!

20080319151902-papa.jpg

Dende o Vagalume queremos felicitar a todos os pais no seu día.

Tamén aproveitamos para felicitar aos Xosés, Pepes, Pepitas, Finas e por suposto á profe Fita e a nosa dire Mª José

Bicos para tod@s

Miércoles, 19 de Marzo de 2008 15:19 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 3 comentarios.

XA TEMOS 2 ANOS!!

20080318151409-yoursign.jpg

Xa temos dous anos e máis de 40.000 visitas!!!!

Graciñas a tod@s por seguirnos.

Esperamos que sigades ahí coma ata agora.

 

 

Martes, 18 de Marzo de 2008 15:01 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 5 comentarios.

CUMPREANOS XANEIRO-FEBREIRO

Desculpade o retraso.

 


Miércoles, 05 de Marzo de 2008 00:32 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 1 comentario.

FELIZ ENTROIDO

Dende o Vagalume desexámosvos un Feliz Entroido

Lembrade que volvemos ao cole o vindeiro xoves


Sábado, 02 de Febrero de 2008 00:34 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 8 comentarios.

ENTROIDO

Pero que espantallos máis guap@s!!!

Viernes, 01 de Febrero de 2008 22:30 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 7 comentarios.

DANZA DA PAZ

Por fin xa está on line a danza do día da Paz

Disculpade a tardanza pero ás veces non todo vai como nos gustaria.

Agora xa sabedes ....."la mano lista está,

                                 el pie lo está también

                                 me doy la media vuelta

                                 y le saludo a usted"

Tod@s a bailar na casa!!!!

 


Jueves, 31 de Enero de 2008 19:39 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 4 comentarios.

XOVES DE ENTROIDO

A ver se atopas os teus!!!

 


Miércoles, 30 de Enero de 2008 13:45 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 1 comentario.

MERCORES DE ENTROIDO

Miércoles, 30 de Enero de 2008 00:23 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións No hay comentarios. Comentar.

CANCIÓN DA PAZ

Graciñas á profe Cris por este traballo tan estupendo. En breve poderedes ver tamén a danza da Paz



Martes, 29 de Enero de 2008 11:42 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 10 comentarios.

MARTES DE ENTROIDO

Lunes, 28 de Enero de 2008 13:44 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 4 comentarios.

LUNS DE ENTROIDO

Sábado, 26 de Enero de 2008 19:24 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 2 comentarios.

SEMANA DE ENTROIDO

20080125232952-man.jpg

A vindeira semana celebrarémo-lo Entroido

Cada día deberedes vir co "complemento" que vos indica a man que leváchedes hoxe para a casa.

Aquí recordaremos cada día o que hai que traer e tamén iremos poñendo as fotos para que poidades ver os máis orixinais.

Podedes descargar algunhas caretas ou máscaras na seguinte páxina

Viernes, 25 de Enero de 2008 23:25 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións No hay comentarios. Comentar.

SOLUCIÓNS


Xa podedes deixar de morder as uñas. Aquí está a solución ao concurso do ano

Queremos agradecervos o interese mostrado nesta iniciativa.  

Non deixedes de visitar a nosa páxina porque haberá novedades e sorpresas!

O luns sortearemos uns agasallos entre todas as solucións entregadas ata hoxe.

Esperamos que fose divertido.

 

Viernes, 11 de Enero de 2008 11:59 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 4 comentarios.

QUEN É QUEN?


Chegou o Nadal, tempo de ledicia e lecer. Tempo para estar coa familia e compartir bos momentos por iso dende o Vagalume vos propoñemos un xogo de Nadal.

As fotos de ahí arriba son d@s profes do cole, sí sí son el@s cando eran cativos coma vós. Fixadevos ben nos detalles a ver se averiguades quen é quen?

Non esquezades cubrir a folla que levaches hoxe para casa e traela á volta das vacacións porque entre todas as correctas sortearanse algúns agasallos.

Esperamos aquí os vosos comentarios. So tedes que seguir as instrucións.

É fácil, anímate!!!

Disfrutade das vacacións. Esperamosvos a todos o ano que ven!!

Moitos bicos

Domingo, 23 de Diciembre de 2007 12:40 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 28 comentarios.

BO NADAL

20071220231355-arbol-color.jpgQueridas mamás e papás faríanos moita ilusión que viñerades á nosa escola o venres ás 13.45 para oírnos cantar as panxoliñas que con moita ilusión ensaiamos para desexarvos unhas Felices Festas de Nadal

Un bico dos nenos e nenas do Vagalume
Jueves, 20 de Diciembre de 2007 10:43 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 2 comentarios.

O NADAL NO VAGALUME

Que bonito temos o cole!!!!

Non vos parece???

Traballachedes moito facendo estas bolas tan fermosas pero á vista do resultado valiu a pena, non si?  

Graciñas a todas as familias por involucrarse neste proxecto.

Tamén fixemos unha árbore de Nadal coas mans de todos os nenos e nenas

Quedou así de bonita!

Os bonecos de neve trouxeron unha mensaxe especial para nós.

O espírito navideño contaxiou ata o noso Leo que se vestiu axeitado para a ocasión

Gustaríanos que nos contases se che gusta como quedou o cole e tamén podes contarnos como fixeches a túa bola.

Aquí van unhas cantas.... todas sería imposible!!!

 


Viernes, 14 de Diciembre de 2007 22:22 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 3 comentarios.

MAGOSTO 2007

20071115104509-.-025.jpg

Onte estivemos de festa no Vagalume. Celebrámo-lo magosto!

Primeiro divertímonos moito xogando coa castaña Dorinda no paracaídas, co tragacastañas, a pescar castañas, o "peletre" da castaña, o tira-anillas, a cuchara con castañas......

Os nenos de 5 anos despois de rematar o "master" en Administración e dirección de empresas que fixeron durante a semana, montaron as súas propias empresas de venta de castañas e rosquillas. Estaban guapisimos cos seus uniformes de traballo!

Os pequenos "mercaron" as castañas asadas e unhas rosquillas riquísimas que fixeron as mamás e os papás. Despois bailamos e trouleamos un pouco ata que viñeron as familias a recollernos e a degustar castañas, rosquillas e chourizos.

Temos que agradecer aos "castañeiros" Mario, Carlos e Ambrosio o seu esforzo para que tod@s comeramos castañas quentiñas.

Aquí están as fotos da festa.



Jueves, 15 de Noviembre de 2007 10:45 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 4 comentarios.

MAGOSTO

20071109122410-magosto.jpgNo Vagalume celebrarémo-lo Magosto o vindeiro mércores 14.

Os nen@s deberán traer un envase de tetra brick cortado e lavado pero non decorado (ímolo facer no cole) o luns.

As familias están invitadas a celebrálo con nós a partires das 13.45

Vémonos o mércores!
Viernes, 09 de Noviembre de 2007 12:24 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 2 comentarios.

SAMAÍN / HALLOWEEN


Miércoles, 31 de Octubre de 2007 21:25 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 5 comentarios.


Powered by Blogia

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]