Se muestran los artículos pertenecientes al tema Children´s Fun.
Revivindo as tradicións galegas máis antergas

Vilagarcía recordaba na xornada de onte unha anterga celebración que había na cultura celta e que pouco a pouco se está a recuperar en moitos lugares do noso país. Trátase da celebración do Samaín, na que os celtas honraban aos mortos. Un dos centros educativos que acollía onte esta celebración era o Colexio Vagalume. Os cativos, de entre tres e seis anos, acudían pola mañá todos contentos coas súas cabazas, que xa decoraran na casa; así podíanse ver indios, vampiros, arañas e incluso un bebé cabaza, que lle deron deste xeito unha cor diferente ao colexio. Pero as cabazas non foron as únicas que cambiaron a súa forma por un día posto que os propios cativos volvían ao Entroido xa que foron todos disfrazados, os que máis, do coñecido home araña, Spiderman. Ambientación > Pero os nenos e as cabazas non foron os únicos que se preparon para a ocasión. As paredes do centro escolar tamén vestían un aspecto diferente xa que as mestras se encargaron de decorar as paredes e columnas con bruxas, esqueletos, etc. En canto á xornada escolar vivida onte, foi diferente e especial posto que as mestras xa non eran tal senón bruxas (ao mellor para algún xa o son todo o ano) e o visionado de películas de medo adaptadas ás súas idades foron co que máis gozaron os nenos e nenas do Vagalume. Para moitos, esta é unha celebración americana polo que a mestra de inglés aproveitou a ocasión para darlles a coñecer aos nenos a tradición deste país e así, ensinoulles unha canción adicada ao “Halloween” e a todo o que significa esta festividade. A maioría dos colexios de Vilagarcía sumáronse tamén a esta celebración do Samaín con diversas actividades para os rapaces. Fuente: Diario de Arousa
VISITA A VIGOZOO
Os de 4 anos fomos de excursión a Vigozoo.
No seu momento xa vos contamos o ben que o pasamos
Agora temos un video que queremos compartir con todos vós.
Esperamos que vos gusten tanto como a nós.
A PIZARRA MÁXICA
Hoxe os de 3 anos pasámolo xenial no encerado dixital.
Gústanos moito ir a pizarra, porque sempre facemos cousas moi divertidas, pero hoxe a teacher deixonos disfrazar, virtualmente claro, e escachabamos coa risa vendo como nos sentaban os disfraces que escolliamos: princesas, superheroes,
A ver se vos gusta como quedamos!
Happy Easter !

