Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2008.

Resumen

VISITA Á PRAZA DE ABASTOS

20080602000747--050.jpg

o mércores 28 de maio os nenos e nenas de 4 anos saímos a coñecer a nosa Vila. O tempo non nos permitiu visitar o parque do Castriño (faremos esta visita outro día que o tempo acompañe e así poder coñecer as plantas, árbores e animais que viven alí)

Onde disfrutamos e tamén coñecimos os nomes de moitos peixes, hortalizas e demáis foi na praza de abastos. Alí as pescantinas ensináronnos os peixes e aprendemos algúns nomes. Tamén coñecimos froitas e hortalizas que vendían noutra sección da praza.

Foi unha visita moi interesante e pasámolo moi ben!

 

Domingo, 01 de Junio de 2008 22:16 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Entre tod@s podemos facer que o noso planeta mellore.

Animaste a axudalo?

Jueves, 05 de Junio de 2008 00:18 Autor: Vagalume. #. Tema: Conmemoracións Hay 2 comentarios.

VISITA Á GRANXA KIRIKO

20080605200332-kiriko.jpg

Onte os nenos e nenas de 5 anos fixemos a derradeira saída co Vagalume.

Visitamos a granxa Kiriko situada no concello de Fornelos de Montes. A viaxe ía moi ben ata que por culpa das obras tivemos que desviarnos e dar moita volta por unha estrada cheiña de curvas pero ao chegar e ver as magníficas instalacións da granxa olvidousenos por completo.

Pasámolo en grande, cos animais, no horto, no campamento indio (menudos tipis máis chulos)

A pesares de ser unha excursión de lecer tamén tivemos un pouco de "traballo" xa que as mestras escolleran o programa "Contar na granxa" e tivemos que contar animais, identificar tamaños, relacionar.... e todas esas cousas que facemos na escola (aínda que aquí foi máis divertido porque o faciamos con elementos da granxa.

Agradecerlle a todo o persoal da granxa o trato recibido.

Jueves, 05 de Junio de 2008 19:57 Autor: Vagalume. #. Hay 2 comentarios.

CUMPREANOS DE MAIO

Cun pouquiño de retraso porque a teacher anda cunha chea de cousas na cabeza chegan os cumpreanos do mes de maio.

Felicidades a tod@s @s nenas e nenos.

Domingo, 08 de Junio de 2008 18:00 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos Hay 4 comentarios.

GLOBOFLEXIA

Lunes, 09 de Junio de 2008 01:09 Autor: Vagalume. #. Tema: Teachers No hay comentarios. Comentar.

TOMASITO Y MANUEL

Por fin me tocó a mí, creí que nunca iba a llegar el día de tener en casa a Tomasito.

Tomasito vino a casa el fin de semana del bautizo de mi prima Olivia.

Tomasito, Claudia y Manuel van guapisimos al bautizo

Así de guap@s nos pusimos Claudia, mi hermana, Tomasito y yo para ir al bautizo.

Allí estaba toda mi familia así que Tomasito los conoció a tod@s y mis primos y primas lo pasaron fenomenal con él.

También fui a dormir a casa de mi primo Jorge y Tomasito y yo nos portamos fenomeal allí. Jugamos al fútbol y vimos una peli.

Manuel y Jorge se dan un baño con Tomasito

Lo pasamos genial!

 

Jueves, 12 de Junio de 2008 11:56 Autor: Vagalume. #. Tema: Tomasito No hay comentarios. Comentar.

VISITA AOS BOMBEIROS

20080612121355-img-0969.jpg

O venres 6 fixemos unha excursión moi divertida aos bombeiros de Ribadumia.

Alí dividíronnos en tres grupos para realizar distintas actividades: subimos ao camión, vimos como era por dentro. Vimos a casiña onde viven os bombeiros (tiñan camas, cociña e unha barra moi chula por onde baixan a todo correr se os chaman porque hai lume) Probamos os cascos e Tomasito disfrazouse de bombeiro, puxo o casco e subiu pola escada ao camión.

Tamén fixemos uns debuxos do que alí vimos e logo xuntaronnos para merendar unha barra de cereais e uns zumes que nos deron os nosos amigos "Os Bombeiros"

Ademais coñecimos a dous cans que tiñan especialistas en atopar persoas nos derrubamentos.

Acabamos a visita cunha "festa da espuma", aproveitando que facía un día boísimo de verán, mollámonos case ata as orellas e pasámolo bomba!!!

Jueves, 12 de Junio de 2008 12:01 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos No hay comentarios. Comentar.

FOTOS DA VISITA Á GRANXA

Como nos pedía unha nai fai uns días (como nos facedes traballar je je) aquí tedes algunhas fotos da visita á granxa Kiriko dos nenos e nenas de 5 anos.

Jueves, 12 de Junio de 2008 22:17 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos Hay 1 comentario.

TOMASITO Y LOS BOMBEROS

Hola caracolitos!!!

Hoy me he vuelto a escapar al ordenador para daros las gracias por llevarme a los bomberos con tod@s vosotr@s.

Me lo pasé fenomenal. Fue divertidisimo ponerme el casco del  jefe de bomberos

Tomasito con el casco de bomberos

y subirme en su camión

Tomasito subiendo por la escalera del camión de bomberos

Pero sin duda lo que más me gustó, como a tod@s vosotr@s fue rebozarme en la espuma.

Tomasito tumbado en la espuma

¡¡Qué divertido!! Parecía que había nevado.

Tomasito y Martina al salir de la espuma

Gracias caracolitos por cuidarme tan bien y llevarme a tantos sitios.

Os quiero muchoooooooooooooooooooooo!

Viernes, 13 de Junio de 2008 00:40 Autor: Vagalume. #. Tema: Tomasito Hay 1 comentario.

VOZ NATURA 2008

O sábado ás 9.30 da mañán a familia de Raúl, Rubén, Alex, Iker, Sofía e Pablo C. marchamos cara Culleredo á festa de Voz Natura.

Ao chegar vimos que aquelo era inmenso e con moitísimas actividades para @s nen@s así que nos púxemos mans á obra.

Sofía montada nun poni

Pola mañán comezamos indo aos ponis, o tiovivo e montando nun montón de inchables (pois había polo menos 10 para as distintas idades)

Carlota nos inchables

Ás dúas remataba todo e volvía a comezar ás 4 da tarde. Así que aproveitamos ese tempo para xantar debaixo duns carballos. Logo @s nen@s xogaron polo bosque e máis tarde fomos ver a exposición de traballos presentados das distintas escolas

Boneco de neve feito de vasos de plástico

(había preciosidades, dende libros de contos, monstros feitos pol@s nen@s, instrumentos musicais... e moitas cousas máis, todas feitas con materiais de refugallo xa que este ano os proxectos tiñan que refererirse á reciclaxe)

Os inchables fixeron as delicias dos máis pequenos

A partires das 4 fomos aos distintos obradoiros que había : de chaveiros, maquillaxe, debuxos, caricaturas ...) Tamén fomos ao show dos pallasos e volvemos a ir a repetir os inchables xa que nos encantaron.

obradoiros

A festa finalizou coa entrega dos premios ás escolas gañadoras e o espectáculo do "Xabarín Club"

Xabarín Club

Pasámolo en grande, aínda que non puidemos disfrutar de todas as alternativas propostas pois non houbo tempo para todo pero para o ano repetirémola experiencia.

A profe Inma.

A profe Inma e a súa familia disfrutando do Xabarín Club

Podedes ver máis fotos da festa e dos traballos presentados na páxina de Voz Natura (apartado Festa) http://www.voznatura.com/fiesta/

 

Viernes, 13 de Junio de 2008 23:07 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

VISITA AO CASTRIÑO

Sábado, 14 de Junio de 2008 17:59 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos No hay comentarios. Comentar.

GRAZAS!!

20080616170543--124.jpg

Da profe Sol para @s nais/pais máis marabillos@s d@s nen@s máis marabillos@s.

Xa non esperachedes ao venres que é o día das emocións, xa mas adiantachedes para hoxe.

Non teño palabras de agradecemento para "as miñas nais e pais", foron tres anos, creo, que con moi boa complicidade por parte de todos. Xa vexo que vos destes conta de que a profe dos vosos fillos e fillas é moi coqueta.

Tod@s fomos conscientes de que os máis importantes destes tres anos foron os nen@s. @s unic@s protagonistas deste período.

Dende o máis profundo do meu corazón.


Grazas a tod@s


Bicos da profe Sol

 

Lunes, 16 de Junio de 2008 17:05 Autor: Vagalume. #. Tema: Pais/Nais Hay 6 comentarios.

VISITA A APÍPOLIS

20080618005833-apicultores.jpg

Apípolis é unha granxa escola onde os nen@s de 4 anos mergullámonos nas súas instalacións, vivimos e disfrutamos dun día de escola diferente. Xunto coas nosas titoras e dúas profes máis que nos acompañaron, traballamos nos distintos talleres adicados as actividades das abellas e dos productos que elas fabrican: mel e cera. Observamos en directo a vida de estes seres que tanto ben fan á natureza e tamén a nós, a pesares da mala prensa que teñen de que atacan e pican. Esto non foi así, tamén hai que dicir que nós en ningún momento interrumpimos a súa labor, unicamente observamos atentamente o seu vivir diario, a recollida de polen e néctar das flores e a súa vida ordenada e xerarquizada nas colmenas, onde depositan o polen que traen das flores e o transforman en mel e cera que xenerosamente nos deixan recoller para as nosas necesidades.

Todo chamou a nosa atención pero cando nos enfundamos nos traxes para ir ás colmenas a recoller o mel transformados en apicultores e apicultoras sentímonos importantes e por que non? preparados para o ¡que faga falta!

Nunca máis medo ás abellas e moita admiración por a súa labor na natureza.

 

(mañán máis fotos)

 

Miércoles, 18 de Junio de 2008 00:58 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

FOTOS DA VISITA A APÍPOLIS

Domingo, 22 de Junio de 2008 13:38 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos No hay comentarios. Comentar.

The very hungry caterpillar

O mércores a teacher (que está un pouco toliña Lengua fuera ) quixo facer un experimento.

Todos os nenos e nenas do cole contamoslle o conto preferido da teacher "The very hungry caterpillar" ás demais profes do cole.

O resultado non foi tan malo non? Que vos parece?

 

 

Domingo, 22 de Junio de 2008 23:31 Autor: Vagalume. #. Hay 6 comentarios.

FESTA DA ANPA

20080623234127-anpa.jpg

O xoves pola tarde celebrouse a festa de fin de curso organizada pola ANPA do cole.

Foi unha festa moi divertida na que @s pequen@s disfrutaron moito nos inchables, onde non se cansaron de saltar toda a tarde, no obradoiro de globloflexia onde nos fixeron canciños, espadas, flores.... e no super taller de maquillaxe onde nenos, nenas e algún pai atrevido maquilláronse de princesas, bolboretas, spiderman, fantasmas, leóns......

Houbo unha merenda estupenda para tod@s @s asistentes. Tamén un concurso de tortas deliciosas. Todo isto rodeado de pompiñas de xabrón.

Queremos felicitar aos pais/nais por esta marabillosa tarde e animarvos para que o próximo curso o sigades facendo tan ben.

Lunes, 23 de Junio de 2008 23:41 Autor: Vagalume. #. Tema: Pais/Nais Hay 5 comentarios.

FIN DE CURSO

Para despedir ben este curso que remata, as mestras organizaron un circuito de xogos.

Foi moi divertido, xogamos ao pasimisí, a rato que te pilla o gato, co paracaidas, a encestar canastras, a levar a pelota na frente....

Despois de tanto exercicio dimos boa conta das roscas que había para merendar e despedímonos das nosas mestras ata setembro.

ÍMOSVOS BOTAR DE MENOS!

 

Os pais/nais de 5 anos tiveron un pequeno vídeo de despedida e algunha bágoa deixouse ver polo salón.

Aquí tedes o final do vídeo para recordalo.

 

SEMPRE VOS GARDAREMOS NUN RECUNCHIÑO DO CORAZÓN!


MOITOS BICOSSSSS

Miércoles, 25 de Junio de 2008 22:43 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos Hay 4 comentarios.


Powered by Blogia

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]