O PORTO DE VILAGARCÍA

Hoxe foi o turno dos de 3 anos de sair de excursión
A clase do Caracol e a Seta foron de visita ao porto de Vilagarcía (á clase da cometa tocaralle mañán)
Pasámolo moi ben, primeiro fomos ao peirao de Ferrazo e vimos moitas cousas:
Os bombeiros (que fixeron soar as sirenas para nós, que ruido!!!)
Os barcos enormes que descargaban madeira, cemento, asfalto.
As grúas .
Os almacéns onde se gardan os cereais (Menuda montaña máis alta había!)
Logo visitamos o muelle do Ramal e alí vimos como descargaban aluminio.
Tamén visitamos o peirao de pasaxeiros, onde vimos as lanchas da Policía do mar
e un barco moi pequeno pero que ten tanta, tanta forza que axuda aos barcos
enormes a atracar.
Despois na Autoridade portuaria vimos unha maqueta de todo o que viramos antes
nos explicaron unhas cantas cousas nunha aula que tiñan alí e nos fixeron un agasallo.
Foi unha saída moi divertida na que aprendemos un montón de cousas.
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: Marta
Un biquiño gordo dende Vigo!
Fecha: 27/03/2008 19:23.


