Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2007.
Resumen
- 06/11/2007 22:25 - CUMPREANOS SETEMBRO - OUTUBRO
- 09/11/2007 12:24 - MAGOSTO
- 15/11/2007 10:45 - MAGOSTO 2007
- 24/11/2007 22:42 - FOTOS COA CASTAÑEIRA
- 26/11/2007 16:03 - CANTARELA 2007
- 29/11/2007 15:38 - ALMORZO SAUDABLE
- 30/11/2007 23:45 - ALMORZOS SAUDABLES
CUMPREANOS SETEMBRO - OUTUBRO
MAGOSTO
No Vagalume celebrarémo-lo Magosto o vindeiro mércores 14.Os nen@s deberán traer un envase de tetra brick cortado e lavado pero non decorado (ímolo facer no cole) o luns.
As familias están invitadas a celebrálo con nós a partires das 13.45
Vémonos o mércores!
MAGOSTO 2007

Onte estivemos de festa no Vagalume. Celebrámo-lo magosto!
Primeiro divertímonos moito xogando coa castaña Dorinda no paracaídas, co tragacastañas, a pescar castañas, o "peletre" da castaña, o tira-anillas, a cuchara con castañas......
Os nenos de 5 anos despois de rematar o "master" en Administración e dirección de empresas que fixeron durante a semana, montaron as súas propias empresas de venta de castañas e rosquillas. Estaban guapisimos cos seus uniformes de traballo!
Os pequenos "mercaron" as castañas asadas e unhas rosquillas riquísimas que fixeron as mamás e os papás. Despois bailamos e trouleamos un pouco ata que viñeron as familias a recollernos e a degustar castañas, rosquillas e chourizos.
Temos que agradecer aos "castañeiros" Mario, Carlos e Ambrosio o seu esforzo para que tod@s comeramos castañas quentiñas.
Aquí están as fotos da festa.
FOTOS COA CASTAÑEIRA
CANTARELA 2007

Aínda que nos esqueceu contárvolo antes, este ano tamén fixemos o noso mural conxunto para a exposición da Asociación micolóxia Cantarela.
Primeiro decidimos e fixemos o boceto, os máis pequenos pintamos o ceo (de gris porque está un pouco contaminado) tamén pintamos o chan e pegamos folliñas de verdade. Os de 4 fixemos unha setas con papeis e material de refugallo. Fixémolas moi grandes para que protexan a todos os animaliños do bosque que fixeron os nen@s de 5 anos.
Esperamos que vos guste o noso traballo, nós divertímonos moito facendoo.
ALMORZO SAUDABLE

Mañá venres os nen@s de 5 anos estamos invitados a almorzar no cole da Lomba.
Seguro que disfrutaremos dun almorzo saudable e equilibrado como é recomendable.
Mañá xa vos contaremos todo o que comemos.
Lembrade non almorzar na casa senón non teremos fame!! ![]()
![]()
Aquí tedes un montón de información sobre alimentación.
ALMORZOS SAUDABLES
Como vos contamos onte, hoxe fomos á Lomba a almorzar saudablemente.
Aproveitando o paseo ata alí repasamos algunhas normas básicas de seguridade viaria.
Na Lomba tiñannos preparado un almorzo estupendo a base de froitas, pan con aceite ou mel e leite con colacao.
Probamos de todo e descubrimos que nos gustaban cousas que antes nin sequiera queriamos probar.
Puxémonos as botas co pan con aceite, que bo estaba!!
Tratáronnos de marabilla, agradecemos enormemente esta invitación e esperamos que conten connosco para máis iniciativas como estas.










