Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2007.

Resumen

Confirmación Matrícula 2007-08

20070606114722-images.jpg

 

Os/as nenos/as admitidos no vindeiro curso 2007-08 teñen que vir a confirmala matrícula a E.E.I Vagalume do día 20 ao 30 do presente mes de 9:30 a 13:00.

Miércoles, 06 de Junio de 2007 11:46 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

Caldas de Reis ca Escola de Vilanoviña

20070612093419-s3010051.jpg
Martes, 12 de Junio de 2007 09:29 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

Granxa Fervenza do Toxa

20070612094838-toxa.jpg
Martes, 12 de Junio de 2007 09:41 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

O transporte

20070612094324-transporte-3-anos.jpg
Martes, 12 de Junio de 2007 09:43 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

O ferrocarril

20070612094353-tras5.jpg
Martes, 12 de Junio de 2007 09:43 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

A túa cidade

20070615093613-blog.jpg
Viernes, 15 de Junio de 2007 09:36 Autor: Vagalume. #. Hay 1 comentario.

A voltas cas TICs

Estes días son moitos os mestres/as que se adican en corpo e alma a preparalas súas oposicións.Estudialo temario, deséñalas programacións e ter todo a punto para a vindeira semana.Para eles/as vai esta presentación do uso das TIC en Infantil que esperemos  que vos poida axudar.

Boa sorte e moito animo dende o Vagalume.


Viernes, 15 de Junio de 2007 17:04 Autor: Vagalume. #. Hay 3 comentarios.

Certificado de inglés

20070620130811-file0110.jpg

Mañán os nenos/as de 5 anos recibirán o seu certificado acredidanto o estudo do inglés durante estes tres anos que levan no Vagalume.

A E.E.I Vagalume ven  participando dende fai tempo no Proxecto de anticipación da lingua extranxeira e isto e un xeito de celebrar que os nenos/as rematen o sue ciclo no centro.

Noraboa a todos/as por participar!

Miércoles, 20 de Junio de 2007 13:09 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

Rematando o curso

Esta semana rematamos o curso e é hora de facer valoracións. Moitos meses xuntos traballando, xogando, compartindo experiencias...pero en xuño pechamos o centro e recollémolos bártulos. Uns veñen outros marchan pero o cole segue funcionando ca mesma ilusión co primeiro día.Estes son días especiais de despedidas, carpetas, ficheiros e bicos cheos de cariño a tódolos/as nenos/as e pais/nais que pasaron este ano con nós.

A experiencia do blog segue aberta para que calqueira que se anime poda tomala testemuña e continuar intentando achegar o centro os fogares e viceversa. O fin deste proxecto foi contactar con toda a comunidade educativa facéndolles participes das novas, actualidade e actividades que xurdiron entorno ó noso traballo e labor diaria.As veces con maior ou menor éxito intentamos poñer unha ponte entre o mundo virtual e as persoas involucradas na actividade educativa reflexionando xuntos sobre os temas que como educadores nos preocupan. De seguro que o vindeiro ano melloraranse moitas cousas que este ano quedaron no tinteiro. Esas miles de cousas que os mestres/as gardamos na cabeciña pensando en facer algún día ou que os pais/nais farán se conseguen sentir estas aulas como súas.

As tarefas, excursións, os proxectos, as novas tecnoloxías, os cambios... non teñen cabida senón coa participación activa de TODOS/AS os que conformamos o entramado educativo, que lle da sentido o noso traballo.Deixamos este vídeo para aqueles que queiran reflexionar sobre o futuro, sobre a súa implicación e sobre todo para aqueles/as que viven a experiencia de ser mestres/as ou pais/nais como unha vocación que non remata nunca e da que seguimos aprendendo tódolos días.

Moitas gracias pola axuda,colaboración e seguimento. Moitas gracias por darlle sentido a este humilde pero entusiasta proxecto.


“Tell me and I will forget, show me and I will remember, involve me and I will learn"


Miércoles, 20 de Junio de 2007 15:52 Autor: Vagalume. #. Hay 3 comentarios.

GRACIAS POR TODO TEACHER CHÚS

20070620205422-chus.jpgTod@s queremos dicir e ben forte:  gracias por todo Teacher Chús , botarémoste moitísimo en falta.
Miércoles, 20 de Junio de 2007 20:55 Autor: Vagalume. #. Hay 11 comentarios.

Feliz verano!

20070621165321-vagalume.jpg
Jueves, 21 de Junio de 2007 16:51 Autor: Vagalume. #. Hay 8 comentarios.


Powered by Blogia

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]