CANTARELA 2007

Aínda que nos esqueceu contárvolo antes, este ano tamén fixemos o noso mural conxunto para a exposición da Asociación micolóxia Cantarela.
Primeiro decidimos e fixemos o boceto, os máis pequenos pintamos o ceo (de gris porque está un pouco contaminado) tamén pintamos o chan e pegamos folliñas de verdade. Os de 4 fixemos unha setas con papeis e material de refugallo. Fixémolas moi grandes para que protexan a todos os animaliños do bosque que fixeron os nen@s de 5 anos.
Esperamos que vos guste o noso traballo, nós divertímonos moito facendoo.
Lunes, 26 de Noviembre de 2007 16:03


