Rematando o curso
Esta semana rematamos o curso e é hora de facer valoracións. Moitos meses xuntos traballando, xogando, compartindo experiencias...pero en xuño pechamos o centro e recollémolos bártulos. Uns veñen outros marchan pero o cole segue funcionando ca mesma ilusión co primeiro día.Estes son días especiais de despedidas, carpetas, ficheiros e bicos cheos de cariño a tódolos/as nenos/as e pais/nais que pasaron este ano con nós.
A experiencia do blog segue aberta para que calqueira que se anime poda tomala testemuña e continuar intentando achegar o centro os fogares e viceversa. O fin deste proxecto foi contactar con toda a comunidade educativa facéndolles participes das novas, actualidade e actividades que xurdiron entorno ó noso traballo e labor diaria.As veces con maior ou menor éxito intentamos poñer unha ponte entre o mundo virtual e as persoas involucradas na actividade educativa reflexionando xuntos sobre os temas que como educadores nos preocupan. De seguro que o vindeiro ano melloraranse moitas cousas que este ano quedaron no tinteiro. Esas miles de cousas que os mestres/as gardamos na cabeciña pensando en facer algún día ou que os pais/nais farán se conseguen sentir estas aulas como súas.
As tarefas, excursións, os proxectos, as novas tecnoloxías, os cambios... non teñen cabida senón coa participación activa de TODOS/AS os que conformamos o entramado educativo, que lle da sentido o noso traballo.Deixamos este vídeo para aqueles que queiran reflexionar sobre o futuro, sobre a súa implicación e sobre todo para aqueles/as que viven a experiencia de ser mestres/as ou pais/nais como unha vocación que non remata nunca e da que seguimos aprendendo tódolos días.
Moitas gracias pola axuda,colaboración e seguimento. Moitas gracias por darlle sentido a este humilde pero entusiasta proxecto.
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: Belén
Bicos para tod@s, bo fin de curso e FELIZ VERÁN!!!
Fecha: 20/06/2007 16:48.
![]()
Autor: LUCIA
Fecha: 21/06/2007 10:07.
![]()
Autor: Teacher chus
Fecha: 21/06/2007 10:39.
