Eclipse de Lúa - 3 de marzo

O sábado pola noite se as nubes non o impiden teremos unha oportunidade magnífica de presenciar este fenómeno.
Durante a noite do 3 ó 4 de marzo producirase un eclipse de Lúa que será visible dende toda España. Para observar o eclipse non necesitas ningún instrumento óptico aínda que uns prismáticos ou un pequeno telescopio pode axudarnos a apreciar máis detalles. A diferenza da maioría dos fenómenos astronómicos, non é necesario desprazarse fóra de núcleos de poboación para contemplalo.
