Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2006.

Resumen

Que é un blog?

20060318170226-ninos.jpg

Antes de iniciar este blog, non estaría mal, aclarar que é un blog e para que serve.
"Un weblog ,blog ou caderno de bitácora é un sitio web onde se recopilan cronolóxicamente mensaxes dun ou varios autores a modo de diario persoal ou sobre un tema concreto. Nel, existe liberdade para deixar publicado ó que se queira,sen esquecer ser respetuosos.

Normalmente teñen un estilo propio e informal cun carácter espontáneo,fresco e natural.Fala de cousas que nos importan,nos divirten...proxectos,hobbies, dubidas e únenos a través duns enlaces con outras webs.A posibilidade de recibir comentarios fai que o nosa páxina sexa dinámica e participativa, podendo establecer contacto con outros amig@s , pais, nais, profes...

Nós acabamos de empezar, alguén se anima?Wink

Sábado, 18 de Marzo de 2006 17:06 Autor: Vagalume. #. Tema: Recursos No hay comentarios. Comentar.

Ready,Steady,Gooo...!

20060318200436-ordenata.gif
Os nen@s do Vagalume levamos un par de anos utilizando ordenadores e creando proxectos que ata o de agora nunca publicaramos. Esperamos que este sexa un bonito principio para contarvos todo ó que facemos.
No noso blog queremos que teñan cabida todos os membros da comunidade educativa,ups...que serio soa iso... Vamos, que esteamos os profes,os peques,os pais e tódolos que se animen a publicar na nosa web os seus comentarios, ideas, suxerencias, aventuras, viaxes, poesías, experiencias, dudas...
Este é o noso novo espacio,de todos depende que sexa un proxecto divertido e enriquecedor.Un saúdo moi grande a todos!

Sábado, 18 de Marzo de 2006 17:08 Autor: Vagalume. #. Tema: Pais/Nais Hay 9 comentarios.

Felicidades Pais!

20060320011525-happy-fathers-day-.gif
Domingo, 19 de Marzo de 2006 23:20 Autor: Vagalume. #. Tema: Pais/Nais Hay 4 comentarios.

Estrea...

20060320155849-bebe-osito.gif

Que nervos! xa me presentei no cole. A eso das nove abríronse os ordenadores de dirección ca miña páxina e as profes coñeceronme. Sorpresa, caras curiosas,interesantes...pero ó importante era estar ahí.Despois cun pelín de vergoña,dinlle a miña dirección á nai de María e Pedro, que é como a xefa dos pais...así que espero que pronto conten que lles parece a idea.Polo de agora, todo é novo,un día estrano...con incertidume, ilusión... Ata hoxe estiven intentando poñerme guap@, buscando cores, debuxos alegres pero espero que non me deixedes so@,a miña cabeciña pide ideas...sí,As TÚAss.

Por certo Iñaki gracias por esas adiviñas tan divertidas que nos contaches hoxe na clase.

Poñollas aquí ós compis para ver se as adiviñan.

Este banco está ocupado

por un pai e por un fillo:

o pai chamase Juan

e fillo xa cho dixen"

"Unha señorita moi señoreada,

sempre vai en coche

e sempre vai mollada"

Lunes, 20 de Marzo de 2006 16:13 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

Xa é primavera..

20060320230354-agua.jpg


Hoxe comenzou a primavera ás 18.26 e durará un total de 92 días e 18 horas.Cada día o sol saldrá dous minutos antes que o día anterior e tardará en poñerse un minuto máis.Pinchando no enlace da palabra poderedes ver algunhas propostas de plástica.

Non esquezades que o 22 de marzo celébrase o día da agua e no cole Manuel Pérez de Huelva crearon unha unidade didáctica moi interesante, incluso a traduciron ó inglés para poderes aprender novas palabras,seguro que vos vai gustar.

Por certo os cosmonautas, terán o 29 de marzo un pequeno eclipse solar que casi non apreciaremos dende aquíUndecided.Alo menos no Vagalume xa soupemos o que foi o 3 de outubro do ano pasado,cando a clase quedou oscura.¿Acordadesvos da representación que logo fixemos na sala?
Lunes, 20 de Marzo de 2006 23:00 Autor: Vagalume. #. Tema: Recursos Hay 2 comentarios.

los árboles del patio.

20060321145808-arbol.gif

Hoy comenzamos una nueva estación del año , es LA PRIMAVERA , y como no llovía , toda la clase salimos a observar los árboles del patio. Como lleva varios días lloviendo ,el suelo , la arena, y los árboles estaban mojados, por eso cuando los niños sacudían los árboles , nos caian gotas de agua encima de nuestras cabezas. Estuvimos viendo las moreras, y también el guindero. Nos colocamos alrededor del tronco y pudimos diferenciar las partes más importantes del árbol : el tronco , las ramas, las yemas, sus hojas, sus flores, pero hay una parte que no hemos podido ver, la raiz , porque se encuentra debajo de la tierra.Como algunos niños estaban cansados , ya entramos en clase, y después tuvimos clase con el profe Javier.

 

!ATENCION NIÑOS Y TAMBIÉN PAPIS !

 

Mañana algunos niños de este cole, van a tener un día especial. ¿ Os podeis imaginar a donde se van de excursión ?

Ni más ni menos que al PARQUE DE BOMBEROS DE RIBADUMIA. Puedes estar tranquila , "SEÑORITA LARA ", porque para el próximo año, seremos nosotros los afortunados, y así todos podremos conocer al bombero más famoso del VAGALUME . ¿Te imaginas quien es?

Martes, 21 de Marzo de 2006 11:39 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos Hay 8 comentarios.

Cos Bombeiros de Ribadumia

20060324013115-bomberos-5-anos-22-3-06-046.jpg

Dicir que ó pasamos ben é pouca ocusa...pintamos, merendamos,subimos nos camións, escoitamos a serea, puxemos os cascos, probamos as chaquetas, coñecemos os cans,subemos na grúa, escalaron na parede.........¿Que máis se lle pode pedir?....Non son só bombeiros,ademáis son boa xente.Gracias amigos de Ribadumia! Prontiño irán tamén os nenos de 4 anos.

Viernes, 24 de Marzo de 2006 01:33 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos No hay comentarios. Comentar.

Un pouquiño de humor para a fin de semana!

20060323202514-serpientes.jpg

Esta foi unha semana intensa,de estrea e
moitos proxectos:

comenzou a primavera, tivemos o día da árbore,o día da agua, a excursión ó Parque de Bombeiros...

.Agora toca descansar e repoñer forzas.

Pasade unha boa fin de semana e esperamos veros o luns de novo!

Enjoy your weekend, Buen fin de semanaWink!

Viernes, 24 de Marzo de 2006 01:42 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

Preparados os despertadores para mañá?

20060326233552-alarmclock.gifXa sabedes que esta madrugada cambiou a hora asi que non vos esquezades de actualizar os vosos reloxios.Vémonos mañán.
Domingo, 26 de Marzo de 2006 23:38 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos No hay comentarios. Comentar.

Mañán vamos os de 4 anos a Ribadumia!

20060328134811-bombero.gif

¿Listos para visitar mañán os bombeiros? esta vez tócalle os de 4 anos e seguro que será como mínimo igual ou mellor que a visita dos de cinco.Non fai falta que levedes merenda, alí mesmo teredes uns bocatas e zumes que seguro vos van gustar.

Martes, 28 de Marzo de 2006 13:41 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos No hay comentarios. Comentar.

FARO DE VIGO 30 marzo

20060330214104-sin-titulo-1-copia.jpg
Jueves, 30 de Marzo de 2006 21:41 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos No hay comentarios. Comentar.

Faro de Vigo

20060331094045-bomberos.jpg
Viernes, 31 de Marzo de 2006 09:41 Autor: Vagalume. #. Tema: nenos No hay comentarios. Comentar.

...derradeiro día de marzo!

20060320232804-problematecnico.jpgHoxe rematamos o mes de marzo e esperemos que con el tamén este mal tempo que nos ten sen recreos dos que nos gustan.

Os que teñades ganas de coñecer algo sobre a educación e as súas ofertas tendes esta fin de semana en Vigo "Docentia" un salón monográfico de educación e formación.

Coma sempre para despedirnos da semana ,algo de humor.Esta vez adicado os funcionarios, xa que según o ministro Jordi Sevilla , «acabouse que crean que obtiveron un posto para toda a vida se non rinden». Bicos e boa fin de semana !
Viernes, 31 de Marzo de 2006 10:11 Autor: Vagalume. #. Tema: EDUCACIÓN Hay 6 comentarios.

Benvidos,Bienvenidos,Welcome pais e nais do Vagalume!

20060331104034-vagalume-logo.jpg

A EEI.Vagalume presenta con moitísima ilusión un novo proxecto co que levamos traballando unha temporada. A utilización de novas tecnoloxías e a demanda da sociedade actual fan que nos incorporemos a Internet dende o noso novo weblog onde podedes participar. Para coñecelo podedes leer os nosos artículos ou visitar os enlaces que esperemos sexan útiles para vós.Non dudedes en preguntarnos calquera dúbida no cole.

Viernes, 31 de Marzo de 2006 10:45 Autor: Vagalume. #. Tema: Pais/Nais Hay 4 comentarios.


Powered by Blogia

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]