Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2006.
Resumen
- 05/06/2006 13:26 - Visita al museo del Tren!
- 08/06/2006 11:24 - Excursion final de 5 anos!
- 12/06/2006 09:50 - Os coellos da granxa!
- 12/06/2006 13:25 - Fixemos pan!
- 12/06/2006 13:40 - Decoramos os novos folios de 5 anos reciclados!
- 13/06/2006 17:49 - Excursión de 3 anos pola vila!
- 15/06/2006 12:58 - Visita o cole da Lomba!
- 19/06/2006 13:21 - O bosque do Vagalume!
- 21/06/2006 20:12 - Festa no vagalume
- 22/06/2006 13:02 - Coñece a tua cidade!
- 26/06/2006 21:29 - Ata o vindeiro curso!
Visita al museo del Tren!
Hoy nos fuimos de excursión a la antigua estación de Renfe.Nos explicaron muchas cosas sobre el Ferrocarril.Excursion final de 5 anos!

Os nosos pequerrechos despiden este curso cunha viaxe a Granxa Escola da Fervenza da Toxa. Despois de case unha hora de viaxe chegaron a eso das once e contarannos mañán todo o que fixeron.Esperamos que o pasen en grande.Moitos bicos rapaces!
Os coellos da granxa!

Fixemos pan!
Esta foi unha das actividades que fixeron os cativos de 5 anos na granxa da Fervenza de Toxa. Gustoulles moito iso de amasar e xogar co pan.Decoramos os novos folios de 5 anos reciclados!

¿Lembrades os rapaces da profe Fita e o seu proxecto? Ben nesta derradeira volta tocou decorar aqueles folios reciclados que fixeran dos restos do seu lixo.Cas follas secas e cunha mistura de cores fixeron as suas portadas para os ficheiros de xuño.
Excursión de 3 anos pola vila!

Como ben di o Diario de Arousa,onte tocoulles aos rapaces da Escola Infantil Vagalume. E ante tan insigne visita (non podía ser doutro xeito), os cativos foron recibidos polo mesmo presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Paz, quen posou cos alumnos e profesores para a foto de familia. Ademáis, non faltaron os agasallos que o Porto lle entregou ós rapaces en candansúa bolsiña, polo que estos marcharon o doble de contentos, tanto polo aprendido, como polos presentes que recibiron.
O programa Vilagarcía, a túa escola , que pon en marcha a concellería de Educación, pretende servir de complemento na aprendizaxe dos escolares do municipio, tanto dos centros públicos coma dos privados, e por eso se realizan unha serie de propostas que están agrupadas en diferentes temáticas.
Visita o cole da Lomba!

Este ano xurde unha nova proposta para cinco anos dende o Vagalume.Coñecelas suas aulas de primeiro de primaria nos coles contiguos o noso. Por iso hoxe estivemos no que podería ser un dos seus futuros centros.
Na Lomba a profe Clara que é a nai do noso amigo Enrique de 4 anos, ensinou as aulas e o cole por dentro.Gustonos a biblioteca, a canción ca flauta que nos tocaron na aula de música, as clases de primeiro,de informática...
Esperamos repetila idea o vindeiro curso e tamen o martes no cole Arealonga.
O bosque do Vagalume!
Hoxe os de 5 anos fumos ver como estaba o noso Bosque.O ano pasado platamos moitas arbores e quixemos saber como estaban.Ademais puidemos poñer unhas pouquiñas mais e regar o bosque logo de xogar pola zona.Festa no vagalume

Hoxe no vagalume estivemos de festa , con música , colchonetas e unha grande merendola con xeados .
Felicitacións ós pais e nais , que co seu esforzo un ano máis fixeron esta festa.
ENHORABOA !
Coñece a tua cidade!

Dentro das actividades organizadas polo concello hoxe os de 4 anos saimos a coñecelo noso pobo. Vistamola zona de Vista Alegre, o peirao, a policia, o casa do concello, a estación de tren e autobus e fixemos un percorrido polo parque do Castriño onde a nosa amiga Ana explicou cousiñas das árbores.
Ata o vindeiro curso!

Dende o Vagalume queremos desexar un Feliz Verán a todos.Esperamos que os de 5 anos lembren con agarimo este cole e saiban que aquí teñen a sua casa.Os demais esperamolos o novo curso cas pilas cargadas e con moitos proxectos para facer xuntos.
Un bico e unha apreta a todos os que facedes que esto da educación siga para adiante!!
