Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2006.
Resumen
- 03/04/2006 13:59 - Onde imos esta Semana Santa?
- 06/04/2006 12:06 - Posta a Punto do Invernadoiro!
- 06/04/2006 21:41 - Happy Easter !
- 06/04/2006 21:41 - 3 anos
- 06/04/2006 21:42 - 4 anos
- 06/04/2006 21:42 - 5 anos
- 06/04/2006 21:42 - Boa Semana Santa..Felices Vacacións!
- 17/04/2006 11:05 - O importante é voltar
- 21/04/2006 09:03 - Día do libro
- 21/04/2006 12:15 - My favourite book...
- 23/04/2006 19:37 - O terremoto......!
- 26/04/2006 10:03 - Festa dos Maios
- 28/04/2006 08:50 - A nosa copliña!
Onde imos esta Semana Santa?

Seguro que os nosos profes,amig@s,pais, avoas...coñecen un montón de sitios interesantes para visitar estas vacacións. Vexamos cantas propostas xurden no blog para ir por Galcicia,Europa ou o mundo enteiro para viaxar cos nosos rapaces.
¿Quen se anima a recomendar un destino?
Posta a Punto do Invernadoiro!
Durante esta semana tamén estivemos na nosa horta.Xa arranxamos o invernadoiro e cada clase na súa parceliña plantou...calabacíns,leitugas,cebolas,tomates...mmm rico,rico!Happy Easter !

Boa Semana Santa..Felices Vacacións!

O importante é voltar

Moitos de vos viaxachedes con esta frase nos taboleiros das estradas, e é que no fondo iso é o importante.Xa sabedes que mañán volvemos ó cole e temos un montón de cousas preparadas para esta derradeira etapa antes de que chegue o verán.
Como foron as vacacións?...alguén visitou lugares exóticos?...coñecechedes xente interesante?
Puidemos ver a algún papá do Vagalume pola tele, si si ...como vos conto,a ver que nos di Iván da Vilagarcía Basket Cup ,estamos seguros de que foi un éxito.
Moitos bicos e vémonos mañán!
Día do libro

Despedimos a semana lembrando que o vindeiro domingo día 23 os libros están de festa.Fai moitos anos morría por estas datas Cervantes e Shakespeare e por este motivo escóllese esta data como día simbólico para a literatura universal.A idea desta celebración en Cataluña conta ca tradición de regalar unha rosa e un libro libro. Nós ademais no Vagalume sabemos que os nosos contos e historias son os nosos tesouros.
Cal é o teu tesouro favorito? ...escribiches algunha vez un conto?
O terremoto......!

Confirmado!
Rapaces que ninguen se asuste pensando que esta noite as estanterías dos libros tiñan vida.A eso das 7 da mañá Galicia soportaba un terremoto . Na nosa comarca moitos foron os que sentiron tremer as súas camas, asi que pódese dicir que este día de San Jordi foi do mais movidito.
Festa dos Maios

A festa dos maios celébrase o día primeiro do mes das flores.Recuperando unha tradición galega que festexa nesa xornada a chegada do bó tempo,organízase unha exhibición de Maios no concello que podemos ver o día 1º do novo mes na praza da Peixería.
Nós no Vagalume celebrámolo o día 28 de abril.Entre todos queremos facer uns Maios e necesitamos a vosa colaboración que consiste en traer ese día :
margaridas,rosas,calas,laranxas,fiuncho,ovos cucados,xestas.....
CONTAMOS CON VÓS!
Por certo ¿coñecedes algunha copliña dos maios?
A nosa copliña!

OS DO VAGALUME
FIXEMOS UN MAIO
CON FLORES E FIUNCHO
E MOITO TRABALLO (bis)
PARA FACE-LO MAIO
TIVEMOS QUE TRAER
FLORES E CARTUCHOS
DAS HORTAS DO SALNÉS (bis)
ESTE MES DE MAIO
É O MES DAS FLORES
CANDO OS PAXARIÑOS
VEN OS SEUS AMORES




