XOGOS DE FIN DE CURSO

O pasado luns, 22 de xuño, demos por rematado o curso escolar e os nenos e nenas do Vagalume puideron disfrutar dun día moi especial, cheo de xogos, cancións e actividades de lecer e moi divertidas. Aquí tedes algunhas fotos de mostra.

Feliz verán a todos e un saúdo moi especial ós alumnos e alumnas de 5 anos, que xa non estarán connosco o ano que vén (porque comezarán 1º de primaria noutros centros). Non vos esqueceremos e... vide de visita cando queirades! Boa sorte!

Viernes, 26 de Junio de 2009 04:06 Autor: Vagalume. #. Hay 3 comentarios.

CUMPLES VERÁN PROFE SOL

Por último, aquí están as fotos do verán da clase da profe Sol. Perdoade polo retraso!

Moitos parabéns para Clara, Antía, Daniel e Melany!

Miércoles, 24 de Junio de 2009 13:13 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

CUMPLES PROFE PURI

Izan, Carla, Álex, Paula, Dani, Noa, Sofía, Jorge e Lois tamén celebraron a súa festa de aniversario na escola. Podedes constatar nas fotos que o pasaron de marabilla. Parabéns a todos e moi boa sorte!

Domingo, 21 de Junio de 2009 21:46 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

CUMPLES PROFE Mª JOSE

Estas son as fotos de Elisa, Helena, Pablo, Hugo e Mar, que celebraron o aniversario na escola este trimestre.

Que ben o pasaron! Parabéns e que cumplan moitos máis!

Domingo, 21 de Junio de 2009 21:26 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

CUMPLES PROFE SUSANA

Andrea, Rubén, Alicia, Aldara, Abigaíl, David, Roi e Iara tamén celebraron o seu aniversario na escola. Algúns cumplirán anos no verán, pero xa o festexaron cos compañeiros. Un saúdo e parabéns para todos!

Viernes, 19 de Junio de 2009 13:31 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

CUMPLES PROFE ISABEL

Álvaro, Lucía, Candela e Sara Santos estiveron de aniversario neste último trimestre e puideron celebralo na escola cos seus compañeiros. Aquí tedes as fotos. Parabéns a todos!

Viernes, 19 de Junio de 2009 13:01 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

CUMPLES PROFE INMA

Carla, Pablo Ch., Lola, Sergio, Blanca, Nerea, Mario, Sara, Andrea e Daniel tamén estiveron de aniversario no 3º trimestre (ou van celebrar ese día no verán) e disfrutaron dunha gran festa na escola. Pasárono todos moi ben e de seguro que foi un día inesquecible.

Viernes, 19 de Junio de 2009 12:41 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

CUMPLES PROFE SOLE

Adriana, Carlo, Nerea e Pablo tamén estiveron de aniversario. Estaban todos moi contentos.

Aquí tedes algunhas fotos da festa na escola. Parabéns!

Miércoles, 17 de Junio de 2009 22:14 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

CUMPLES PROFE CHOCHI

Álvaro, Edgar e Sara J. estiveron de aniversario no 3º trimestre e aquí tedes algunhas fotos que testemuñan o ben que o pasaron.

Un saúdo para os tres e queremos celebrar con vós moitas festas de aniversario. Un saúdo e parabéns a todos!

Miércoles, 17 de Junio de 2009 21:54 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

CUMPLES PROFE SOL

Nestas fotos aparecen Noa, Yahimar, Leticia, Nerea, Tania e Isabel, que estiveron de aniversario, xunto con todos os seus compañeiros. A que saíron todos moi guapiños?

Que ben o pasaron e como se puxeron de tarta e de chuches!

E que cumplan moitos máis! Parabéns!

Miércoles, 17 de Junio de 2009 21:40 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

CUMPLES 3º TRIMESTRE

Xa están aquí as fotos dos alumnos e alumnas do Vagalume que estiveron de aniversario no 3º trimestre. Esperamos que todos o pasasen moi ben e que vos gusten estas instantáneas. Parabéns para todos!

Miércoles, 17 de Junio de 2009 21:01 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

UNHA NOITE MÁXICA NA ESCOLA

Esta noite, do 12 ó 13 de xuño, algúns alumnos e alumnas desta escola van disfrutar dunha velada diferente: van durmir no colexio!

É unha iniciativa da ANPA, sempre tan traballadores, que esperamos lles saia "redonda".

Os nenos están moi ilusionados e emocionados. Pasádeo ben e ánimo para os "coidadores"!

Un saúdo para todos e todas!

Viernes, 12 de Junio de 2009 19:30 Autor: Vagalume. #. Hay 5 comentarios.

EXCURSIÓN Ó ACUARIO (IV)

Por último, aquí están as fotos de todos os nenos e nenas de 4 anos noutro momento da excursión: a viaxe en autobús. Que ben o pasaron todos!

Un saúdo e ata a próxima!

Viernes, 12 de Junio de 2009 18:46 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

EXCURSIÓN Ó ACUARIO (III)

Nesta ocasión, presentamos as fotos dos alumnos e alumnas da profe Inma, que tamén saíron moi guapos. Esperamos que vos gusten!

Un saúdo para todos e coidado coas quenllas!

Viernes, 12 de Junio de 2009 17:35 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.

EXCURSIÓN Ó ACUARIO (II)

Estas son fotos dos alumnos da profe Susana. Esperamos que vos gusten.

Había moitas máis fotos, pero fixemos unha pequena selección porque o programa non as admitía todas. Sentímolo!

Un saúdo para todos e todas!

Viernes, 12 de Junio de 2009 16:21 Autor: Vagalume. #. No hay comentarios. Comentar.


Powered by Blogia

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras contra la leucemia y el Iniciador Zaragoza (networking entre emprendedores).